miércoles, 17 de marzo de 2010

FESTA DA UÑA SAN LÁZARO 2010


"DO PORCO GUSTAN HASTA OS ANDARES" Así reza o dito sobre esta festa gastronómica que se celebra na parroquia de San Lázaro, o 20-21-22 de marzo, asi que vos esperamos no "Mesóm de Juan" para celebrala xuntos.

Atrás quedan os anos nas que a nosa Galicia vivía toda do campo. Castelao sempre nos debuxou asociados a unha vaca e comentaba que ela alimentara a moitos de nos.

Pero dende sempre o porco estivo a quitarnos a fame.O porquiño era como un mais da familia, criabámolo, dabásmolle de comer,alimentabámolo, hasta que da súa carne nos puidese alimentar toda a familia durante o inverno.
A perda do porco supoñía para as familias enfrontarse a periodos de fame con moita dificultades.

De ai que o santo de San Lázaro se convertera nun destino na que os labregos se encomendasen a facer as súas suplicas para que axudaran os seus animais enfermos, que se curasen e lle puidesen servir de alimento.
Devotos de tódolos lares achegábanse para ofrecer as súas ofrendas con uñas e bertóns,etc.

Tal foi a fama que acadou nos anos 70, que o lúns seguinte organizábanse subastas nas que os productos recollidos, se ofrecian a xente que ali se achegaban e os bares da zona. Converténdose nunha tradición o ir a comer as uñas de porco a San Lázaro nestas datas.

Co paso dos anos a Igrexa permitiu a San Lázaro converterse en parroquia, e que se celebrase na súa honra as actuais festas. Desta maneira pasou a ser a única festa gastronómica do noso pais na que se exalta este producto.

Ahora solo vos falta que veñades a degustar este rico manxar o voso "Mesón de Juan"

¡un saludo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario